Festiclass 2010 - 2011

Sábado 27

novembro de 2010

Piotr Illich Chaikovski | 1840-1893
Sinfonía Manfred


Orquestra Sinfónica de Galicia
Víctor Pablo Pérez · dirección


Coma un manga (ou un thriller fantástico, ou...)


pero non situado en Xapón senón nos los Alpes suizos e escrito cen anos antes de que aparecese este xénero, non por un xaponés senón polo poeta romántico Byron. Esta sería unha rápida descrición desta obra á que puxo música Chaikovski.
Manfred sería a heroe que vive atormentado por unha misteriosa culpabilidade yeque, para intentar achar a súa tranquilidade, convoca a espíritos e seres fantásticos.

sábado 26

febreiro 2011

Ottorino Respighi | 1879-1936
Sinfonía fantástica


Hector Berlioz | 1840-1893
Gli uccelli


Orquestra Sinfónica de Galicia
Carlo Rizzi · dirección


Un pesadelo


é a idea que Berlioz toma para escribir a súa «Sinfonía Fantástica». Se en «Gli uccelli» Respighi intenta transcribir en música o canto dos paxaros cunha música clara e diáfana, Berlioz, pola contra, proponse describir o mundo de pesadelos y alucinacións que se desatan nun mozo cando, baixo os efectos do opio, na súa mente inchada se retorcen as lembranzss da súa relación coa noiva: desde o idilio dun campo con floriñas ata imaxinar que o condenan por tela asasinado e, mesmo, a súa participación nun aquelarre con meigas e demos.

sábado 5

marzo 2011

Gonzalo Roig | 1890-1970
Cecilia Valdés


Coro da Sinfónica de Galicia
Joan Company · dirección
María Bayo · soprano (Cecilia Valdés)
Alejandro Roy · tenor (Leonardo)
Carlos Bergasa · barítono (José Dolores)
Ana Ibarra · soprano (Dolores Santa Cruz/Isabel)


Orquestra Sinfónica de Galicia
Víctor Pablo Pérez · dirección


Coma un serial


dos das sobremesas da televisión é a historia que desenvolve esta zarzuela para a que o compositor cubano Gonzalo Roig usou a novela do mesmo nome escrita polo tamén cubano Cirilo Villaverde. Pero, iso sí, amenizada con ritmos e instrumentos caribeños inexistentes nas zarzuelas escritas en España ni antes, nin na mesma época, nin despóis.

sábado 12

marzo 2011

Piotr Illich Chaikovski | 1840-1893
Sinfonía nº 5


Orquestra Sinfónica de Galicia
John Neschling · dirección


Xa escribíu Beethoven


oitenta anos antes unha sinfonía, a 5ª, con un subtítulo semellante, «O destino chama á porta» e, á súa, que tamén leva o número 5, Chaikovski chamouna, igual que o seu ilustre antecesor, «a do destino».
Quizáis foran coincidencias pero, en todo caso, con oitenta anos de diferenza e nun país e máis nun contexto diferentes.
Esta sinfonía, curiosamente, non lles gustou nada aos críticos de San Petersburgo na súa estrea. Non acertarían demasiado porque, mesmo en vida de Chaikovski, se interpretou con moito éxito en multitude de ocasións en Europa (Brahms admirouna en directo en Hamburgo) e aínda en moitas máis ocasións en Estados Unidos.

Venda de abonos

mapa de localidades

abonos festiclass

Zona A : 43,52€     Zona B : 29,60€     Zona C1 : 23,52€     Zona C2 : 14,88€∗
∗10,40€ para maiores de 65 anos, menores de 26 anos e desempregados.

abonos festiclass + abono3

Zona A : 95,20€     Zona B : 64,75€     Zona C1 : 51,45€     Zona C2 : 32,55€∗
∗22,75€ para maiores de 65 anos, menores de 26 ans e desempregados.

Do 4 ao 12 de xuñ de 2010. Renovación abono Festiclass, sendo posible abonarse ao mesmo tempo ao Abono 3, co abono correspondente á suma dos dous abonos.
Do 14 ao 30 de xuño e do 13 ao 30 de setembro de 2010. Venda de novos abonos do Festiclass, Abono 3 e combinado de ambos os dous abonos.
Venda de abonos nas oficinas da Orquestra Sinfónica de Galicia (Festival Mozart), de 11 a 14 e de 17 a 20 horas de luns a venres e de 11 a 14 horas os sábados, así como no Servizo de Venda de Entradas de Caixa Galicia no teléfono 902 43 44 43, en horario de 8 a 22 horas de luns a venres, e de 9 a 14 horas os sábados. A compra de abonos por teléfono está suxeita aos gastos de xestión que aplica Caixa Galicia.

Venda de entradas

mapa de localidades

Zona A : 13,60€     Zona B : 9,25€     Zona C1 : 7,35€     Zona C2 : 4,65€∗
∗3,25€ para maiores de 65 anos, menores de 26 anos e desempregados.

Dende o 4 de outubro de 2010 estarán á venaa as localidades para todos os concertos que non fosen retiradas polo sistema de abonos. Las localidades pódense adquirir:
Na Internet no enderezo electrónico www.caixagalicia.es durante as vinte e catro horas do día.
Por teléfono a través do Servizo de Venda de Entradas de Caixa Galicia no teléfono 902 43 44 43 hasta 24 horas antes de cada espectáculo, en horario de 8 a 22 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.
No despacho de entradas do Palacio da Ópera, na véspera do espectáculo e de 11 a 14 e de 17 a 20 horas, e o mismo día de 11 a 14 horas e de 17 ata o comezo do espectáculo.

Aconséllase que as localidades adquiridas por teléfono e/ou a Internet sexan retiradas con anterioridade á data do concerto para evitar esperas prolongadas no despacho de entradas, xa que todos os concertos darán comezo puntualmente.

Rutas festiclass 2010-2011

Ven de balde en autobús coa entrada do concerto. Tes as seguintes rutas:

Ruta 1:

19:00h NARÓN : Paraxe de Bus Casa do Concello
19:05h FERROL : Intercambiador paraxe de bus Teatro Jofre

Ruta 2:

19:15h SADA : Intercambiador paraxe de bus Metropolitano
19:30h BETANZOS : Praza Irmáns García Naveira

Outras rutas

En función da demanda∗ poderanse poñer en marcha novas rutas
A) ORTIGUEIRA – AS PONTES
B) RIBEIRA – BOIRO – RIANXO
C) Outras

∗A demanda mínima establecerase segundo a capacidade do autobús

Para gozar de la RUTA FESTICLASS basta con poseer la entrada del concierto correspondiente y realizar una reserva previa en el teléfono 981 25 20 21 en horario de 11:00 a 14:00 horas o bien por correo electrónico en festiclass@sinfonicadegalicia.com en los siguientes períodos:

Os autobuses sairán do Palacio da Ópera da Coruña 15 minutos despois da fnalización dos conciertos Concerto 27 de novembro : confirmación ata o 24 de novembro
Concerto 26 de febreiro : confirmación ata o 23 de febreiro
Concerto 5 de marzo : confirmación ata o 2 de marzo
Concerto 12 de marzo : confirmación ata o 9 de marzo

Número de prazas limitado.
A Ruta Festiclass é un servizo de cortesía, polo que non xerará dereito ningún. A organización non se fai responsable das posibles incidencias que impidan a chegada puntual ó Palacio da Ópera da Coruña.
Os usuarios deberanlle mostrar la localidade do concerto ao conductor do autobús.

AVISO IMPORTANTE

Todos os programas, datas e intérpretes son susceptibles de modifcación. En caso de suspensión dalgún dos espectáculos programados, devolveráselles aos abonados a parte que lles corresponda do precio do Abono Festiclass adquirido e ao público en xeral o importe do precio da localidade. A devolución faase efectiva cinco días despois da cancelación do espectáculo no lugar onde foi adquirida a localidade.
A suspensión dun espectáculo, non así o seu adiantamento será a única causa admitida para a devolución do importe das localidades. Recoméndase conservar con coidado as localidades, pois non será posible a súa reposición en caso de perda, deterioración ou destrución. Non se atenderá ningunha reclamación una vez retiradas as localidades ou abonos do despacho de billetes.
Todos os concertos tenrán lugar no Palacio da ópera e darán comeno á 20:30 horas.
Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala ata o cambio de obra ou intermedio.